domingo, 26 de junio de 2016

3º TRIMESTRE

DURANTE ESTE ÚLTIMO TRIMESTRE EXPLORAMOS COMO REACCIONA O NOSO CORPO ANTE DIFERENTES ESTÍMULOS. ESTUDAMOS A FUNCIÓN DE INTERACCIÓN.
Identificamos os sentidos (oído, olfacto, tacto, vista e gusto). Estudamos cómo se envía información a través dos nervios ao cerebro, e como este a procesa e elixe a reacción mais adecuada.
















lunes, 28 de marzo de 2016

2º TRIMESTRE

NESTE SEGUNDO TRIMESTRE OS CONTIDOS TRABALLADOS ESTIVERON RELACIONADOS COS ECOSISTEMAS.


Para traballalos fixemos actividades como saídas á contorna para descubrir diferentes árbores, recoller follas, identificar plantas invasoras, descubrir diferentes ecosistemas (praias, bosque...) os seus elementos e analizar o impacto do home nos mesmos (deforestación, polución, construción, pesca, caza...).








Tamén realizamos un power point para concienciar aos demais sobre as plantas invasoras.

jueves, 3 de marzo de 2016

DÍA DA CIENCIA

O MÉRCORES 2 DE MARZO CELEBRAMOS PARA 4, 5º E 6º O DÍA DA CIENCIA.
BAIXO O LEMA "PROHIBIDO NO TOCAR", O ALUMNADO EXPERIMENTOU CON DIFERENTES RAMAS DA CIENCIA.

















jueves, 24 de diciembre de 2015

1º TRIMESTRE

NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE, OS CONTIDOS TRABALLADOS FORON:

  • MATERIA E CAMBIO: masa, volume, flexibilidade, dureza, elasticidade, forzas a distancia e forzas de contacto (deformación, rotura), magnetismo e gravidade. 
  • MÁQUINAS E TECNOLOXÍA: planos inclinados, palanca, rodillos, rodas e poleas; eixes, engranaxes e cadeas. 
En cada unha das clases, os nenos tiveron que experimentar, co seu propio corpo ou con outros materiais, cada un destes contidos.

Exercicios nos que experimentamos:
Flexibilidade, qué músculos son mais flexibles ou elásticos?
Quen é mais forte? en que punto do obxecto temos que aplicar a forza para movelo mais facilmente?
Como é mais fácil mover unha colchoneta, de pé ou tirada no chan? por que? coas mans ou con rodillos debaixo dela?
Construir unha polea.
Levantar un obxecto cunha polea, como é mais fácil co obxecto preto do medio ou no extremo?
Facemos unha cadea humana e movemos un obecto con ela.

















sábado, 19 de septiembre de 2015

MAIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA EN TIRÁN

NESTE BLOG RECOLLEREMOS ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS NA ASIGNATURA DE LIBRE CONFIGURACIÓN DE 4º.

ESTA MATERIA SURXE COA IDEA DE PROMOVER HÁBITOS DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE PARTINDO DOS CONTIDOS CURRICULARES DA MATERIA DE CIENCIAS NATURAIS.